Escola infantil
Educando dende o corazón
¡Benvidos á Escola Caracol, o espazo onde as crianzas de Cangas medran felices e aprenden co corazón! Na nosa escola infantil, cremos nunha educación que respecta o ritmo de cada crianza, fomentando a súa curiosidade natural e o seu desenvolvemento integral desde os primeiros anos.
Ofrecemos atención educativa 100% gratuíta
Garantindo un acceso equitativo a unha educación de calidade para todas as familias de Cangas. A nosa filosofía baséase na educación respectuosa, creando un ambiente cálido e seguro onde as crianzas se senten valorados e libres para explorar o mundo que os rodea.
Esta gratuidade aplícase grazas á subvención concedida pola consellería de política social e igualdade, resolta na orde do 2 de Xullo de 2025 e publicada no DOGA Nº 32 do 11 de xullo de 2025

Cociña propia e alimentos frescos
Preocupámonos polo seu benestar desde todos os ángulos. Productos ecolóxicos no menú como ovos, tofu, iogures de xanceda e algúns cereais como quinoa, cus cus… Atendemos todo tipo de alerxias e intolerancias alimentarias.
Centro autorizado
Somos un centro de educación infantil de 0-3 anos autorizado pola consellería de familia que tamén conta con autorización de servizo complementario de comedor para acoller peques de 3-12 anos para que coman con nós na escola.
Dando un servizo con un número de prazas reducido e moita experiencia na elaboración de menús caseiros.
Ofertamos o mesmo aos peques matriculados no colexio público de Nazaret.
Contamos cun patio exterior de 250 metros cadrados

Tes dúbidas? Pregúntanos por WhatsApp!
Presentación
Nuestra esencia,
nuestro compromiso
Na Escola Caracol, somos un equipo de profesionais apaixonados pola primeira infancia, dedicados a ofrecer unha experiencia educativa única en Cangas. Nacemos da convicción de que cada crianza é un ser único, cun potencial ilimitado, e o noso propósito é acompañalos no seu descubrimento do mundo desde os seus primeiros pasos.
Amor
Entendido como a base de toda relación educativa, creando un vínculo de confianza e seguridade.
Respecto
Cara a crianza, a súa individualidade, as súas emocións e os seus ritmos de desenvolvemento.
Curiosidade
Fomentando as ganas innatas de aprender e explorar.
Proxecto Educativo
Sementando o futuro con amor
O noso proxecto educativo na Escola Caracol fundaméntase na educación respectuosa, recoñecendo a inmensa importancia desta etapa para o desenvolvemento integral da crianza. Cremos firmemente que o xogo é o principal motor de aprendizaxe, e por iso, as nosas actividades están deseñadas para que as crianzas exploren, experimenten e descubran o mundo a través del.
Contacta co noso equipo
Estaremos encantados de poder axudarte